Mostrando entradas con la etiqueta Gatineau park. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gatineau park. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de octubre de 2012

WALKING TRAIL IN GATINEAU PARK

Hoxe fomos Antonio e eu ao parque de Gatineau, fixemos unha ruta  dunhas 3 horas andando ata o Pink Lake que anque se chame así non é rosa, o de Pink venlle ao parecer por ser a familia Pink a propietaria desta zona do parque. Eu que vin Algonquin park pareceume un Algonquin en pequeno e aínda así interesante e para os que non viron Algonquin pode darvos idea do que é ese maravilloso parque. A ruta empeza nun dos bordes do parque, cerca do visitor's centre e chega ata o lago e logo pode rodearse o lago. Paga moito a pena ir e é moi doado, cóllese un bus na rúa Rideau, fronte ao Rideau centre e a librería chapters, vale tanto o 31, 32 ou 33. Son os autobuses azuis de Gatineau e non vale o noso pase, págase o importe exacto que é de 3,55 dólares. Hai que parar (despois de 45 minutos aprox.) en Complexe Mont-Bleu, Relais plain air du parc de la Gatineau, alí empeza a ruta. Está ao lado duns campos de deportes moi grandes, de fútbol, pista de atletismo... non sei se é dun colexio ou universidade. Poño fotos para que vos fagades unha idea.


Por aquí vos deixa o bus. O sinal pon "Complexe Mont-Bleu, Relais plain air du parc de la Gatineau, 397"


Camiño cara o lago


Pink Lake


Rodeando o lago


Unha foto que nos fixeron uns turistas chinos moi amables